1-Busca en el diccinario de la real academia galega:
Axóuxere:s.m. 1. Esfera oca de metal ou doutro material, cunha pequena abertura, que leva dentro unha ou varias boliñas e que, ó ser axitada, produce son. Colgoulle un axóuxere no pescozo ó gato. SIN. cascabel. 2. Xoguete que consiste nun axóuxere, xeralmente de plástico, unido a un pequeno mango, que serve para entretemento dos meniños. Non lle quíte-
-lo axóuxere ó neno, que chora. SIN. ruxerruxe.
Lareira: s.f. Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota. No canizo, encima da lareira, cúranse os chourizos e sécanse as castañas. SIN. lar.
Toxo: s.m. Arbusto espiñoso de flores amarelas, moi común nos montes de Galicia. Foron rozar un carro de toxo para estrume. s Toxo arnal. Variedade de toxo bravo de gran tamaño e picos moi fortes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario